Saída ao Lago Castiñeiras de Terceiro e Cuarto de Primaria

Imaxes da saída

Como complemento ao traballo nas áreas de Medio e linguas, as nenas e nenos de terceiro e cuarto de primaria fixemos unha saída ao Lago Castiñeiras.

Estas actividades considerámolas de especial relevancia para o desenvolvemento de moitas competencias, así como para a consecución de contidos curriculares. Pensamos que as saídas son moi acertadas para favorecer que o alumnado comprenda e valore o medio no que vive,  favorecendo o contacto coa natureza e potenciando o desenvolvemento dun sentimento de pertenza á mesma. Estas actividades,  cando son correctamente planificadas, conforman magníficas ferramentas para a consecución de moitos dos obxectivos que se planifican para este período educativo.