Como complemento ao traballo nas áreas de Medio e linguas, as nenas e nenos de terceiro e cuarto de primaria fixemos unha saída ao Lago Castiñeiras.
Estas actividades considerámolas de especial relevancia para o desenvolvemento de moitas competencias, así como para a consecución de contidos curriculares. Pensamos que as saídas son moi acertadas para favorecer que o alumnado comprenda e valore o medio no que vive, favorecendo o contacto coa natureza e potenciando o desenvolvemento dun sentimento de pertenza á mesma. Estas actividades, cando son correctamente planificadas, conforman magníficas ferramentas para a consecución de moitos dos obxectivos que se planifican para este período educativo.