Blog da escola

Saída a piraguas

Saída a piraguas

Como todos os anos por estas datas, cando chega o bo tempo, a rapazada de 5º de primaria ata 2º de ESO fai un percorrido en piragua polo río Miño ao seu paso por Caldelas de Tui. Ademais de desfrutar da compañía e facer deporte, é unha oportunidade estupenda para estar en contacto coa natureza. É rara a ocasión na que non se ve algún peixe saltar da auga ou algunha garza pasar voando. Despois do xantar para repoñer forzas, aínda da tempo a un baño antes de regresar á escola.

Na área privada da web tedes máis fotos da actividade.