Os días 2 e 3 de maio os nenos e nenas de 4° de Primaria visitaron FervenzAventura en Silleda. Malia que o tempo era o que era, desfrutamos das actividades variadas que nos ofreceu a granxa, entre elas dar de comer aos animais, escalar no rocódromo, lanzarse en tirolina... Tamén desfrutamos da natureza de Silleda e de dous días de convivencia.
Na sección Galería de Fotos da Área Privada podedes ver máis imaxes da saída.