Blog da escola
Recomendacións
Os profesores do centro estamos bastante contentos coa participación que está a haber nesta nova experiencia que vimos de iniciar hai uns días. Gustaríanos que todo funcione do xeito natural e fluído co que o vén facendo estes días.
Sen embargo, vémonos na obriga de establecer as seguintes normas:
-Evitade os ataques persoais de mal gusto tanto cara aos autores das entradas como aos autores dos comentarios.
-Podedes dicir o que queirades, sempre e cando teña certo interese para o conxunto da comunidade escolar.
-Procurade, na medida do posibe, escribir con corrección. Lembrade que isto non é un chat, senón un punto de encontro entre todos os que formamos a escola (tanto alumnos como profesores).
Se non seguides estas normas, non nos quedará outra solución que bloquear os comentarios aos posts ou filtralos todos, o cal restaría naturalidade ao diálogo.
Moitas grazas pola vosa participación.