Blog da escola

Quero limpar o aire !

Adicado a todos os nenos e nenas da escola, especialmente aos e ás que a deixades este ano.

Para todos e todas vós !!

 

Renacer

 

Quero limpar o aire!

Con matemáticas bonitas

e historias en MAIÚSCULAS e

minúsculas.

 

Quero limpar o aire

con carreiras polo patio e

reconquistas.

Plastilina!

Cartulina!

Bechos, libros, algo de inglés!

Je t'aime!

Un aire ben limpo

para encher os teus pulmóns.

 

Así que busco o meu sitio

no medio deste baleiro,

rompendo todo o gris,

partindo a reixa de ferro con

forza...

....medrando como ti medraches.

Dende a semente á flor.

 

Agardando para que me vexas

en todo o meu verdeamarelo!

 

Compartiremos a nosa

respiración,

un bafo recíproco

de amistade e esperanza!