Blog da escola


Proxecto domo

O alumnado de terceiro da ESO está a desenvolver un traballo que temos denominado "proxecto domo" como final do tema de xeometría que vimos de dar na asignatura de Matemáticas. O proxecto ten unha parte teórica na cal deben facer unha pequena investigación sobre as cúpulas xeodésicas e o seu inventor, o enxeñeiro norteamericano Buckminster-Fuller, e outra práctica na cal deben construir cos materiais que consideren axeitados unha maqueta a pequena escala e, e fosen capaces, levantar unha cúpula xeodésica na cal poidan entrar os compoñentes respectivos de cada grupo de traballo.Pódese botar un ollo aos seus avances aquí.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.