Os nenos e nenas de tres anos comezaron a vivir as primeiras aventuras fóra da Escola Pequena.
Primeiro fixemos un par de saídas ao cole dos maiores para gozar dun almorzo campestre e comprobamos que estábamos máis que preparados para saír do cole! Así pois decidimos coller o bus e ir visitar a biblioteca, descubrindo as marabillosas historias que nela se agochan, por suposto quedounos tempo para merendar e xogar no parque.
Esta semana tamén tocou prepararse para o Magosto e que mellor maneira que coñecer todo o que nos podemos atopar no pequeno monte de enfronte da nosa Escola.
Podedes ver o resto das fotos na área privada.