Blog da escola
Playing for change
Esta fin de semana celebramos o festival de fin de curso do colexio.
Esta é a fin de semana da música.
E aquí un exemplo de música entendida como linguaxe universal. A idea é sinxela: un pequeno equipo de gravación recollendo por todo o mundo a interpretación do clásico "stand by me" que fan músicos da rúa. Despois, unha pequena montaxe, e un resultado espectacular.
A boa música non precisa de grandes produtoras, emisoras de radio ou dereitos de autor. A boa música precisa de boas ideas.