Chegando ao final deste curso tan atípico, por fin imos retomando parte das actividades características da nosa escola. Estes días estáse facendo a saída a piraguas co alumnado de 4º de primaria a 4º ESO. É unha saída na que, ademáis de practicar un deporte que combina forza e coordinación, todos os nenos e nenas desfrutan moitísimo en contacto directo coa natureza. Na sección Galería de Fotos da área privada, tedes as fotos desta saída.