Pequena mostra dalgúns dos traballos de galego en quinto e sexto

Os traballos desta segunda avaliación estiveron centrados na e no alumno e con obxectivos a longo prazo, así, comezamos analizando en asemblea temas sobre os que nos interesaba investigar, algúns propostos por parte deles e delas e outros propostos por min. Posteriormente repartímonos en pequenos grupos  e unha vez decidido o tema (que cada pequeno grupo elixiu o seu) comezou a chegar información á aula. Esta información era traballada polos grupos (lendo, discriminando a información importante da non tan importante, escribindo aquelas ideas que nos interesaba contarlle ás e aos demais e, pouco a pouco, ir elaborando uns pequenos "libros" ) expoñéndoa nas paredes para que todo o mundo tivese acceso a ela e puidese manipulala, observala e desfrutala. Ao rematar o proceso de elaboración dos traballos, comezou a parte de exposición na que cada grupo ía contando aqueles aspectos que consideraban máis relevantes. Posteriormente, en gran grupo, aclarábanse as dúbidas e lembrábase o aprendido.

   Aquí vos deixo o enlace a unha pequena mostra dos magníficos traballos feitos:

Pequena mostra dos traballos


imprimir