Blog da escola


pasos de xigante... cara atrás

Chegoume hoxe, a través de Chuza!, unha terrible nova: O hotel Louxo, que está na illa da Toxa, nas súas normas internas, prohibe aos seus empregados o uso do galego, tanto para se dirixiren aos clientes como para falar entre eles. A miña indignación, e seguro que tamén a de moitos de vós non se pode describir con palabras (polo menos coas palabras axeitadas para un blog escolar). O realmente gracioso disto é que o hotel posúe a marca "Galicia Calidade", cando con esa actitude representa a peor das miserias: a miseria intelectual das persoas que o dirixen e que non son capaces de ver que ocultando a nosa lingua tamén ocultan a nosa cultura, sendo esta a que atrae a moitos turistas aos hoteis galegos. Cito o Estatuto de Autonomía de Galicia, do 6 de Abril de 1981:
ARTIGO 5 A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.