Blog da escola


Papel de parede antibombas

A empresa Berry Plastics e o corpo de enxeñeiros do exército USA veñen de patentar un papel de parede (como ese de flores ou rombos que hai nalgunhas habitacións de todas as casas) capaz de facer que unha parede aguante o impacto dunha bomba. Este "papel" de parede está feito de kevlar (coñecido quimicamente como poliparafenileno tereftalamida), material sintético dotado de propiedades como as seguintes: - Alta forza extensible - Alongamento baixo ou rixidez estrutural - Conductividade eléctrica baixa - Alta resistencia química - Contracción termal baixa - Alta dureza - Estabilidade dimensional excelente - Alta resistencia ao corte (Este conxunto de propiedades fan que, por exemplo, sea o material elixido por batman para facer o seu famoso traxe-armadura nas películas "batman dark knight" e "batman begins", ou sexa, toda unha garantía) Hai un vídeo realizado por popsci.com que amosa a increíble capacidade desta resina sintética para absorber a enerxía dos impactos: Vía geekologie

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.