Unha das colaboradoras habituais nas aulas de primaria do Martín Códax é a coñecida escritora viguesa Ledicia Costas. Sempre que ven pola escola é un pracer desfrutar das miradas atentas dos cativos escoitando as súas historias. Eses ollos como pratos, ese silencio espectante, ese ambiente de admiración e silencio esperando a sorpresa, o susto, o final inesperado... Non hai nada mellor para activar a imaxinación, e con ela estimular a creatividade, nos nenos que escoitar unha boa lectura lida con paixón.
A pasada fin de semana estivo presente Ledicia Costas no VIII Foro de Educación, celebrado no auditorio Mar de Vigo, onde desenvolveu un obradoiro chamado "Palabrario". Neste artigo do Faro de Vigo tedes maís información sobre o mesmo.