Blog da escola


os alumnos do futuro?

Agora que remata o curso é o momento de relaxarse un pouco e traer por aquí algunhas curiosidades (léase: frikadas) que tiña ganas de poñer. A primeira é un robot (como non, feito por investigadores da Universidade de Osaka) que imita a un neno -algo crecidiño, iso sí- de dous anos. Según os propios creadores, a criatura ten a capacidade cognitiva dun neno entre un e dous anos de idade. Denominado CB2 (Child-robot with Biomimetic Body) leva incorporados de serie 56 cilindros de aire que lle serven de músculos, 197 sensores táctiles que o fan sensible ao contacto humano, cámaras nos ollos, micros nas orellas, un sintetizador de voz na boca e un recubrimento de silicona que imita a pel humana. O seu software permitiralle aprender, entre outras cousas, a falar e a camiñar. O vídeo. Da algo de medo, xa aviso.

(Os autores están traballando xa nunha versión mellorada que semellarase a un rapaz de tres anos. Teño curiosidade por coñecer ao robot de catorce-quince-dezaseis. Podo aportar algunhas suxerencias para a súa fabricación)

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.