Oficios do mar

Acabamos de recibir a visita de Chelo e Samuel, redeira e mariñeiro de profesión, que amosaron aos alumnos de 5º e 6º de primaria cadanseu oficio. Na súa mostra, presentaron e explicaron parte da súa ferramenta de traballo, o modo de empleo e incluso fixeron un pequeno taller de nudos mariñeiros. Destacamos pois o labor de Chelo e o seu esforzo na recuperación e mantemento do importante oficio de redeira.