Obradoiro de manualidades

 

Entre risas, reciclados e pinceles, pompóns, teas , fíos, e cordas a rapazada de infantil e primeiro ciclo de primaria, goza de todas as actividades propostas no obradoiro de Manualidades.
Chega con engadir un chisco de concentración, unha pizca de agarimo, un cuarto de gargalladas e unha morea de creatividade e...listo!!!
É que estes pequen@s artistas son capaces de converter en arte natureza mesma. Basta con ver o fantástico Belén que fixeron este ano e que foi galardoado co segundo premio no "54 concurso de Belenes Afundación" de Vigo.

 

Noraboa ARTISTAS !!!    Sodes moi GRANDES !!

 

No seguinte enlace atópase a información que Afundación, organizadora do concurso, ten colgada na súa web sobre a exposición dos beléns. Dita exposición pódese visitar entre o 12 de decembro e o 5 de xaneiro no teatro Afundación, na rúa Policarpo Sánz.

 

Exposición del 54 Concurso de Belenes Afundación. Vigo

 

Na Área privada da nosa web podedes ver en imaxes o proceso de creación do belén no obradorio de manualidades.

 

 Concurso belens 2019 re