Blog da escola


O premio Nobel de Física 2010, para os científicos que investigaron as propiedades do grafeno

Os Físicos Andre Geim (51 anos) e Konstantin Novoselov (36) da Universidade de Manchester veñen de gañar o premio Nobel de Física polas súas investigacións sobre o grafeno, unha das formas alotrópicas do Carbono (as outras son o grafito, o diamante, os fullerenos e os nanotubos). Este material, cuxa estrutura consiste en grellas hexagonais de átomos de Carbono dun átomo de espesor, ten extraordinarias propiedades físicas. Como contan nun entretido artigo sobre este asunto na excelente páxina amazing.es (copio e pego):
No solo es el material más fino del mundo sino también el más fuerte. Una lámina de grafeno estirada sobre la boca de una taza de café, podría soportar el peso de un camión en equilibrio sobre la punta de un lápiz. Además, el grafeno conduce electricidad y calor mejor que cualquier otro material conocido, y es completamente transparente. Los físicos creen que finalmente podría rivalizar con el silicio como componente base de los chips para computadora. También sirve para monitorizar los niveles de contaminación, ya que es un material sensible a esta. Ha permitido mejorar las pantallas planas de nuestras televisiones, y la creación de nuevos materiales y pruebas novedosas sobre la extraña naturaleza de la cuántica.
O máis divertido do artigo que cito aquí é a parte na que contan cómo fai dez anos os dous científicos gañaron o IgNobel -un premio que sinala anualmente as ideas máis absurdas do panorama investigador mundial - por facer levitar magneticamente unha rá. Ás veces as ideas tolas non levan a nada, pero gracias a elas queda aí o pulo creativo para alumear novas formas de coñecemento. Con paciencia, traballo, esforzo e moita, moita imaxinación, que é do que vai a tarefa científica. A historia completa, aquí.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.