O novo decreto do galego

Esta nova norma constitúe o primeiro paso atrás na presenza do galego no ensino público desde 1978 pois o texto "non garante a liberdade dos pais, non busca o equilibrio entre as dúas linguas oficiais, non formula correctamente a introdución do terceiro idioma e non vai conseguir ningún bilingüismo cordial, senón un conflito nos centros escolares e na sociedade" A próxima derrogación do decreto do galego no ensino instaurará unha aprendizaxe de idiomas que poñerá trabas á promoción do galego, pois pretende establecer unha nova reglamentación substituíndo a obligatoriedade do uso do galego con carácter xeral polo seu "fomento"