Blog da escola


o mundo que ven

Estes días anda Steve Jobs anunciando a morte do PC da man dese chisme tan gracioso que coñecemos como iPad. O pobre non se deu conta de que o seu invento está, tamén, a piques de ser non xa historia senón prehistoria. Este vídeo que recolle unha conferencia recente do inventor e divulgador John Underkoffler amosa o futuro da interacción entre seres humanos e ordenadores. Olvidemos o rato, o teclado, as pantallas, as pantallas táctiles e calqueira outra cousa que consideremos habitual hoxe en día. Esquezámonos xa desas cousas chamadas Word, Excel, Power Point e semellantes. O futuro da educación, do traballo, do ocio ou da vida nos fogares -que xa é presente nalgúns lugares- semella ser moi parecido ao que anunciaba aquela película chamada "Minority Report". A min lémbrame moito a andar traballando cunha wii que non ten mandos só que un millón de veces mellor. O vídeo está en inglés con subtítulos no mesmo idioma, pero non é preciso entender o que di o conferenciante. Para quen non teña paciencia para a introducción teórico-histórica, a acción comeza no minuto 5.30.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.