Blog da escola


O "merdeiro" e o Entroido vigués

 

Os “Peliqueiros” de Laza, os “Cigarróns” de Verín, as “Pantallas” de Xinzo de Limia, os “Xenerais” do Ulla, os “Boteiros” de Viana do Bolo, os “Volantes” de Chantada e os “Merdeiros” de Vigo son uns de tantos personaxes populares que enchen as rúas das cidades e vilas galegas estes días de Entroido. Unha representación destes últimos visitou a escola este venres durante a festa do Entroido, e fixo botar algunha carreira á rapazada, con certo receo, sen deixar de mirar atrás, “non vaia a ser…”, pero sempre entre risas. Ao grupo de merdeiros “grandes” uniuse unha merdeira “pequena” coa que o grupo gozou dunha xornada festiva e soleada.

merdeiros


Casualmente, na versión dixital do Faro de Vigo do xoves 28, publícase a historia deste personaxe do Entroido vigués. No artigo pode lerse como o personaxe xurde no Berbés da rivalidade existente entre mariñeiros e campesiños, nun afán dos primeiros por mofarse destes últimos.


A figura do merdeiro desaparee nos anos 20 do século pasado debido a unhas ordenanzas municipais que o atacaban a el e a outros costumes transgresores da festa do Entroido.
A asociación etnográfica “A Merdeira”, creada en 2005, estano intentando recuperar e xa empeza de novo a ter presenza nas rúas de Vigo.

 

Enlaces relacionados:

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.