Non é algo dun día, non é algo que só existe no 8 de marzo. É algo no que educar, no que vivir, no que soñar ...
Dende a nósa escola loitamos e apoiamos unha sociedade igualitaria para con todas as persoas do mundo, dende o respecto e a educación .
Hoxe damos as grazas a todas esas mulleres que loitaron e loitan polo dereito a ler, a escribir, a estudar, a traballar, a votar, a falar e moverse con liberdade, a ser ben queridas... en definitiva A SER.
A vivir dun xeito digno e coa cabeza ben alta neste mundo que semella cada vez máis tolo, sendo simplemente: MULLERES.