Blog da escola

O desafío Martín Codax

Boas, nenos, nenas e familias.

No enlace de abaixo deixamos un vídeo que fixemos con moito cariño para axudarvos a levar mellor estes duros momentos cun pouquiño de humor.

É unha versión do Colexio Martín Codax da peza "O desafío", do repertorio do grupo "Os Carunchos".

Desde a escola, desde a nosa particular tolemia, queremos que saibades que estamos con vós e cos vosos, malia que agora non sexa posible facelo de preto. Tendes o noso pensamento e o noso ímpetu, o noso amor.

 Desafío Martín Codax

 MOITA FORZA !!!