Blog da escola
O Consello Escolar de Galicia rexeita o mal chamado "decreto do plurilingüísmo"
Na orde que debe seguir un decreto desde que se presenta até ser aprobado definitivamente, un dos pasos, cando se trata dunha medida que afecte ao ensino, é que o Consello Escolar de Galicia se pronuncie e dea a súa opinión ao respecto. Este é un órgano consultivo e a súa opinión non é vinculante, mais o goberno que promulga un decreto debe, por ética, ter en conta a opinión de aquelas persoas ou organismos que teñen capacidade para opinar con argumentos sólidos.
Hai que dicir que o anterior decreto, aínda vixente por certo, si obtivo a aprobación deste organismo, mentres que o que agora estamos a discutir foi rexeitado por ampla maioría dentro da entidade.
E quen queira entender, que entenda...
Podedes ver a noticia aquí.