Novo calendario de probas trimestrais e algunha corrección

Xa tendes a vosa disposición o calendario de probas do segundo trimestre e a suficiencias correspondentes. Lembrade tamén que teredes probas curtas quincenais. Un dos exercicios a realizar do tema da Revolución Francesa consistía na consulta dunha páxina arxentina na que nos falaba da actuación das mulleres durante aqueles días. Como ocurre moitas veces en Internet a páxina xa non está operativa polo que a súa realización, seguindo as pautas marcadas, é imposible. Como sempre ocurre hai solucións alternativas que imos usar. A fonte bibliográfica mais importante sobre este tema é o libro dun erudito francés do século XIX, J. Michelet "Les femmes de la Révolution" ao que pertence o seguinte parágrafo que atoparedes no blog da aula...