NOVA CAMPA

A Dirección Xeral de Tráfico, polo ben de todos nós, non escatima en recursos para concienciar a poboación de que debemos conducir prudentemente. E os guionistas e actores do programa da TVG Land Rober non ían ser menos. Realmente non é que canten moi ben, pero a cousa ten moita graza.