Blog da escola


Mulleres compositoras

Hoxe estivo na escola a profesora de piano do Conservatorio Profesional de Música de Vigo Susana Pérez Otero, presentando o seu proxecto "mulleres compositoras", un percorrido musical pola obra de grandes compositoras pouco coñecidas. A actividade consistiu nun concerto para piano no que se intercalaba a interpretación dunha selección de pezas das autoras seleccionadas cunha explicación sobre as súas vidas e as dificultades que sofriron para poder adicarse á súa actividade.

Se alguén ten interese sobre o tema, temos confecionado unha playlist en spotify na que se recollen case todas as pezas que soaron hoxe no colexio para a rapazada de 3º e 4º da ESO:

Enlace á lista de reprodución en spotify

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.