Blog da escola
motocicleta con pila de hidróxeno
A empresa británica intelligent energy ven de fabricar un prototipo de motocicleta que funciona cunha batería de hidróxeno (similar a aquelas que vimos na visita ao parque de Sotavento). Esta célula de enerxía proporciona unha potencia máxima de 6 kW e da unha velocidade punta de 80 km/h e unha aceleración que permite pasar de 0 á velocidade máxima en 12,1 segundos. O detalle máis curioso é que a compañía decidiu incorporar un sonido de motocicleta real porque é tan silenciosa que os peóns non notan a súa presenza. A compañía non prevé poñela no mercado ata que non consigan aumentos significativos da súa autonomía (actualmente 161 km). O maior logro deste enxeñio ven do rendimento da súa pila de combustible: acada un 55% fronte ao 25% dos motores de combustión de gasoliña. E, ao ser hidróxeno a súa fonte de enerxía, non hai emisións de CO2 nin de partículas. Se algunha vez merco unha moto esperarei a que o modelo definitivo desta esté na rúa!!!