"misterios" da química

Fai pouco, nunha clase de química, preguntáronme se existía algún gas tan denso que puidese facer posible que os sólidos flotasen nel. No momento non souben a resposta, aínda que sospeitaba que, sin chegar aos extremos de facer flotar aos sólidos, sí tería que haber algunha substancia parecida. Buscando un pouco polos libros de química e outro pouco por Internet, atopei un que cumpría bastante ben co obxecto da pregunta, o hexafluoruro de xofre (ai daquel alumno de 4º da ESO do grupo III que non saiba formular este composto!!!). Calculando a súa masa e volume molar queda claro que é moito máis "pesado" (e o entrecomillado non é gratuito) que o aire, esa mistura desproporcionada de nitróxeno, osíxeno, vapor de auga e outros gases (en proporción moi pequena). Cómo non, en youtube atopei un vídeo no que este gas é o protagonista. Trátase dun fragmento dunha grabación da famosa exhibición de Física que leva a cabo todos os anos a Universidade de Bonn: