Blog da escola
misterios da coca-cola
O pasado día 21, falando con algúns antigos alumnos que se pasaron polo colexio a saudarnos e desexarnos unhas felices festas (mil gracias a todos!!!), fun recriminado -dende o cariño, claro- por estar a beber coca cola. Os comentarios foron: sirve para quitar o óxido aos tornillos, para facer brillar os cromados dos coches, para limpar o sangue do asfalto nos accidentes de tráfico, etc, etc, polo tanto moi boa non debe ser para as persoas. Claro, quedei realmente preocupado co tema -o cal non me impediu rematar a miña lata- polo que decidín dar unha volta por internet para comprobar se todas esas afirmacións eran certas...