Blog da escola


materiais casi máxicos

Copio e pego:
Un equipo de enxeñeiros da universidade norteamericana de Illinois, en Urbana-Champaign, conseguiron desenvolver un material polimérico auto reparable sen intervención externa nun prazo de tempo de 10 horas. O sistema, que imita á piel humana e o sistema circulatorio humán, é capaz de reparar unha e outra vez as fisuras que se presenten no material de forma indefinida. As súas aplicacións van dende implantes médicos auto rexeneradores ata o desenvolvemento de materiais auto reparables para avións e naves espaciais, aseguran os expertos.
Hai veces que as liñas de traballo da Física (horror! dirán algúns) e da Química (quita de aí, dirán outros) confúndense de xeito que é imposible distinguir onde comenza unha cousa e onde termina a outra. Esto ocorre especialmente en disciplinas como a Física de Materiais da que fala a nova que puxen acá arriba. A investigación das propiedades dos materiais semella estar a xenerar a próxima gran revolución tecnolóxica do século XXI. Xa falaramos aquí con anterioridade dun material que "lembraba" as súas propiedades físicas tras ser deformado. Esta nova apunta na mesma dirección, e a poño aquí, porque me interesa misturala coa anterior: un robot intelixente que aprende só e que ten a facultade de repararse a sí mesmo con este material do que estamos a falar. Esta película xa a vimos antes nos cines, non? O futuro da un pouco de medo. Ou non. [Enlace á noticia completa (a explicación técnica é un pouco difícil): inglés | castelán]

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.