Margarita Ledo ingresará na RAG

Margarita Ledo ingresará o 7 de febreiro nunha RAG case vedada ás mulleres Converterase na quinta muller académica, fronte aos 23 homes que forman parte da institución. A cerimonia de ingreso oficial de Margarita Ledo Andión na Real Academia Galega terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Ledo lerá un discurso títulado Do bucle e da fenda (un ensaio crítico sobre a cultura galega), e Rosario Alvarez Blanco será a encargada de realizar a réplica á intervención da nova académica.