Blog da escola

Saída ao Marco


Despois dun mes de adaptación, entre chaparrón e nubarrón, comezamos a rodar e a poder saír da escola... O que o tempo nos permite!

A semana pasada a rapazada de infantil gozou da súa primeira saída do ano. Visitaron o museo de arte contemporánea de Vigo ( MARCO) que acollía a exposición de LLuís LLeó, onde os máis pequenos e pequenas da escola viviron a experiencia de estar nun museo e converterse en artistas por un día, realizando un obradoiro plástico cheo de cores e detalles!

Aquí deixámosvos algunhas fotos.

 

 

Marco 2023 1Marco 2023 1Marco 2023 2Marco 2023 3