Blog da escola

MAIS SOBRE O FESTIVAL 2008

Xa está a vosa disposición o vídeo do Festival deste ano. Só tendes que entregar un dvd en branco a Fernando ou en Secretaría e pronto teredes unha copia... E mentras tanto ... Hai unha parte do festival que non é visible para os espectadores que están no patio de butacas e que todos aqueles, e xa sodes moitos, que pisáchedes o esceario algunha vez lembraredes moi ben... O nerviosismo porque vos faltan alumnos..., éstes que non vos fan caso..., e enriba está a vosa actuación... Esperamos que con estas imaxes lembredes con agarimo aqueles momentos...