máis novas inquetantes sobre o cambio climático

Shishmaref, un pobo de Alaska procedente dun asentamento esquimal de 4000 anos de antigüidade, está a ser devorado polo crecemento do nivel do mar. Os seus habitantes están obrigados a marchar das súas casas antes de quince anos ante a próxima desaparición de toda a vila. O custo estimado do traslado do pobo é de 180 millóns de dólares. Ademáis de este, hai un mínimo de outros 180 pobos na mesma situación ao longo da costa de Alaska. Na páxina da cadea de televisión CBS na que se da conta da noticia, hai un vídeo no que se pode apreciar este efecto: click. A noticia en castelán: click.