Blog da escola

Magosto na escola pequena

Magosto na escola pequena

O magosto non é só comer castañas recen feitiñas, ás veces, animados polos seus iguais a desgustar este froito típico de outono. Tamén é a previa, ir ao monte a por paus!, descubrir que podemos pintar co carbón, e non só en diversas superficies senón tamén a nós mesmos. Pero por suposto o magosto é compartir risas e momentos cos compañeiros e compañeiras, incluso cos maiores do cole, xuntos escoitando e bailando música en directo grazas aos artistas que temos. Finalmente chega o momento de rematar e ir para casa cheirando a fume e un pouco "sucios" pero tendo vivenciada esta festa tan nosa. Ata o ano que vén!

Podedes ver as fotos na área privada.