Letras galegas 2017

Un 17 de Maio do ano 1972 os alumnos do Colexio baixaban por primeira vez ao Castro . Eran outros tempos..., os que fundamos a Escola baixamos con tódolos alumnos a rendir homenaxe ao poeta que cantou por primeira vez ao mar de Vigo e que deu nome ao noso proxecto educativo. Vixiados polas forzas do "Orden Público", estabamos en plena ditadura franquista, os nosos nenos , tal como recollía a crónica do Faro de Vigo, leron poemas de Rosalía, Curros e Celso Emilio Ferreiro, o grupo de danza da Escola bailou unhas muiñeiras e jotas e cantamos todos o himno da Escola e o himno galego.

Unha vez mais, pasados 45 anos,  volviamos a cumprir o rito..., outros nenos  volveron a ler poemas de diversos poetas galegos..., volveu a soar a gaita, moi ben acompañada, e unha vez mais cantamos o Maio, Ondas do mar de Vigo e o noso Himno..., e este ano tivemos de espectadores privilexiados a 45 alumnos e alumnas franceses do Collége Marcel Proust procedentes de Illiers-Combray de Chartres que xunto a catro profesores están facendo un intercambio cos nosos.

E despois na Escolas xogos, demostracións deportivas e reparto de premios das letras.... 

Podedes ver algunhas imaxes do día neste enlace