Lentes de cor morada

DSC 0353

Dende hai moito tempo na escola adoitamos mesturar as cores coas nenas e nenos porque sabemos que poden expresarse a través delas. E porque sabemos que a través da pintura poden desenvolver todo o seu imaxinario e voar máis aló das barreiras das palabras, dos muros e das ideas que xeración tras xeración fóron quedando impregnadas no pensamento de moitas persoas.

Así que hoxe animamos as nenas e nenos a mesturar o azul e o rosa coas palmas das súas mans. Xuntándoas e acariciándoas. Fundindo a man esquerda coa dereita formando unha soa e facendo aparecer unha cor que unifique as outras dúas ao separar as súas mans.

O resultado foi a cor morada.

Gústanos ver o mundo desa cor a través das nosas lentes porque todos podemos facelo. Porque todas e todos somos iguais. E porque queremos expresarnos sen diferenzas e crecer unidos facendo do mundo un lugar máis xusto.

Invitámosvos a que miredes coma nós. Deixámosvos aquí as nosas lentes cor morado para que as utilicedes todos os días.

DSC 0301