Hai un dito atribuido ao pensador chino Confucio (551 - 479 a. C.) que é bastante coñecido en diversos ámbitos, entre eles o do ensino, pero que non sempre é aplicado con acerto. Afirmaba o seguinte: "Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino".
Na nosa liña de diversificar actividades e proporcionar ao alumnado a maior variedade posible de oportunidades para investigar, pensar, emocionarse e seguir aprendendo, comezamos hai unhas semanas as prácticas de laboratorio cos alumnos de 5º e 6º de primaria para que vexan polo miudo paramecios, texido epitelial ou os ollos dunha abella.