Blog da escola


Karen Keskulla Uhlenbeck

A matemática Karen Keskulla Uhlenbeck (nacida en 1943) ven de gañar o equivalente ao premio Nobel de Matemáticas, o premio Abel, converténdose así na primeira muller que logra tal galardón dende que foi instituido en 2002. É a fundadora dunha rama das Matemáticas chamada Análise Xeométrico na cal se entrelazan as técnicas da Análise e das ecuacións diferenciais co estudo dos problemas topolóxicos e xeométricos. Os seus resultados teñen un impacto fundamental na Análise Matemática contemporánea, na Xeometría e na Física-Matemática, e as súas ideas e liderazgo teñen transformado por completo o panorama xeral das Matemáticas.

Quizais, por riba da magnitude dos seus maiúsculos logros intelectuais, o que nos emociona dela é a súa consciencia de ser exemplo para as novas xeracións de mulleres matemáticas e tamén a visión de si mesma que presenta en público, lonxe do narcisismo e o culto a persoalidade tan propios do noso tempo. Karen Keskulla Uhlenbeck, pola contra, pon a súa imperfección por diante como punto de partida na súa traxectoria. Este párrafo seu recolle esta perspectiva vital:

"Son consciente de que son un modelo para as mulleres novas no campo das matemáticas. E, en parte, por iso estou aquí. Con todo, é difícil ser un modelo, porque o que realmente tes que facer é mostrar aos estudantes que unha persoa imperfecta pode triunfar. Todo o mundo sabe que se unha persoa é intelixente, divertida, guapa ou ben vestida terá éxito. Pero tamén é posible triunfar con todas as túas imperfeccións. Eu necesitei moito tempo para darme conta disto" (Extraído do libro Viaxes de mulleres en ciencia e enxeñería: non hai constantes universais, Temple University Press, 1997)

 

karen uhlenbeck

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.