O merdeiro di...
XOVES
Xoves porque quero e teño gana,
vente á escola co que levas na cama!
E se acaso mexouno a gata,
tes permiso para vir en bata!
MÉRCORES
Mércores!Tamén docentes!
un gran mostacho ou lindos pendentes!
Faino a gusto e con elegancia
que na broma está a sustancia!
MARTES
Martes xa, teño o antollo
de que me traias un parche no ollo!
Dos da cara! moi importante.
Un dos ollos de diante!
LUNS
Chega o Entroido outro ano,
trae na cabeza un lindo pano!
Así cos meus caprichos,
taparás lendres e bichos!