Imaxes a 1000 fotogramas por segundo

O outro día, vendo a parte final dese programa que tanto me gusta chamado "el hormiguero", puiden observar a esa parella de presentadores aos que tanto admiro, Pablo Motos e Flippy, facendo o tonto cunha cámara a 1000 fps. Lembreime deste vídeo que fixeron os inventores desa cámara fai uns meses, nos que, gracias á súa velocidade de captura de imaxes poden apreciarse detalles incríbles dos fenómenos que se están a observar:

I-Movix SprintCam v3 NAB 2009 showreel from David Coiffier on Vimeo.


imprimir