Hoxe soaron as gaitas de novo

 Imaxe do monte do Castro

Hoxe soaron as gaitas de novo.

No día que voltamos a estar xuntos para ler os poemas de Xela Arias, poetisa a quen se lle adican este ano as Letras Galegas. Foi un momento de gran emoción porque é unha festa que xa botabamos de menos.

 

Gaitas soando

Estes días tratamos de achegar á  festa a todas as nenas e nenos coa axuda de diferentes contacontos e concertos que puidemos ver e escoitar durante toda a semana tanto no cole dos maiores coma no dos pequenos.

Contacontos   Concerto 

Pero entre todas as actividades cabe destacar o marabilloso traballo que fixeron as nenas e nenos de  cuarto de primaria, que conseguiron elaborar tres  podcasts  arredor da figura da poetisa.

Non deixedes de escoitalos.

https://www.colexiomartincodax.com/blog-da-escola/podcast-xela-arias

 

Mural nome bandeira galega 2    Mural nome bandeira galega 1

 

Hoxe soaron as gaitas de novo.

Coma un músculo que latexaba sen parar,

porque necesitaban volver a saír ao voso encontro,

porque necesitaban volver a rir e cantar.

Hoxe soaron as gaitas de novo.

Que soaron xuntiñas para nós poder bailar

e para que puidésemos ler os versos máis amados

da nosa Xela Arias

que hoxe conmemoramos .

Hoxe soaron as gaitas de novo.

Porque había nenas e nenos desexosos

de escribir, ler e debuxar.

Seica hoxe querían falar eles mesmos,

seica hoxe querían escoitar

os seus debuxos, a súa prosa, os seus versos.

Hoxe soaron as gaitas de novo.

Porque queremos contarlles o máis importante de nós.

Porque sabemos que o seu son

está moi preto do noso corazón.

Non deixedes de soar gaitas cheas de cancións!

Porque queremos que latexedes as vosas notas

preto de onde esteamos todos nós.