O quentamento global é un problema cada vez maior, que nos afecta directamente a todas e todos. Na nosa man está participar activamente para frear os seus efectos se queremos que as seguintes xeracións sigan desfrutando dun mundo semellante ao que temos nós. Protexer o medio ambiente é importantísimo e este venres quixemos visibilizar na nosa escola este problema coa realización de varias actividades.
Os nenos e nenas de primaria invadiron coas súas pancartas e ganas de cambiar o mundo o patio, a horta e ata a escola dos pequenos. Despois, acompañados de nenos e nenas da ESO fixeron unha actividade de recollida simbólica de lixo e unha camiñata polo monte da contorna para rematar. Os máis cativos, os nenos e nenas da escola pequena, tamen participaron noutra actividade similar pola contorna.
Tamén se plansplantaron carballos, que naceran de xeito espontáneo das landras caídas ao chan, a un lugar definitivo na horta.
Estas actividades coincidiron coa convocatoria a nivel mundial por parte do movemento #FridaysforFuture dunha xornada de protesta estudiantil en contra do cambio climático e da dexeneración do planeta polo consumo excesivo de plásticos e as políticas consumistas irresponsables. O movemento inicióuse en agosto do ano pasado pola nena sueca e xa mundialmente coñecida Greta Thunberg. No seguinte enlace tedes máis información sobre o movemento.
Por outro lado, e relacionado coa temática, faise necesario poñer en valor iniciativas como a de este vigués que abriu recentemente unha tenda ecosostenible que aposta por un consumo responsable do plástico coa venda a granel e a reutilización de envases. O artigo saíu publicado en La Voz de Galicia do xoves 14/3/19. Tedes o artigo completo no seguinte enlace.