Que pouco nos gusta dicirche adeus, Entroido.
Gardando as máscaras e os cabezudos ata o ano que vén, dámonos conta do moito que nos dás, do peso e da importancia que tes nesta escola. Un ano máis a rapazada esmerouse e traballou para que chegases fermoso e colorido, e un ano máis conseguiuno! Amosándoche en toda a túa esencia, co ritmo dos sorrisos e as batucadas, e ao compás da ilusión que dás.
Ata o ano próximo Entroido!
Deixámosvos algunhas fotos do xoves e o venres na área privada.