Fotos da saída á biblioteca Neira Vilas con 1º de Primaria.

Os nenos e nenas de 1º visitamos a biblioteca Neira Vilas. Mar (a bibliotecaria) explicounos como están clasificados os libros e contounos un conto. Despois coñecimos ao escritor Miguel Ángel Alonso Diz que nos presentou o seu libro de poemas "O cullarapo Croque". Escoitamos, preguntamos, recitamos, cantamos, debuxamos e ata lle pedimos uns autógrafos!! Aquí tendes algunhas fotos. Miguel Ángel creou un vídeo cos nosos debuxos: ver vídeo.