O entroido non é unha festa máis.
Non para nós..
Non só é festexar e disfrazarse, é ese gozo pola maxia de transformarse, tanto adultos como cativos, de quitarnos a vergoña!
A rapazada prepara os seus disfraces e caretas con moito agarimo e ilusión, o proceso está cheo de emoción e de aprendizaxe.Dunha aprendizaxe que vais máis alá dos obxectivos e contidos, a que realmente elaboran eles e elas, a que realmente chega.
Porque cada festa e celebración que facemos ten o seu traballo e o seu porqué detras.
Adeus entroido, grazas un ano máis por traernos e darnos tanto
Deixámosvos máis imaxes na área privada.

