O pasado mércores, o alumnado de 6º de primaria puido desfrutar e aprender co equipo feminino de baloncesto Celta de Vigo, que compite na Liga Endesa, máxima categoría do baloncesto nacional.
Presenciamos o entreno do equipo e, unha vez rematado este, os nenos e nenas baixaron á pista do pavillón de Navia onde coñeceron cara a cara ás xogadoras e ao corpo técnico. Unha a unha foron presentándose e explicando a función que cadaquén ten no equipo, desde a loxística ata cada xogadora, pasando por médico, fisio, adestrador físico, etc.
A entrenadora, Cristina Cantero (unha crack!!), ademais de explicar os aspectos deportivos e técnicos do adestramento, fixo reflexionar á rapazada sobre a importancia de estudar e formarse en xeral, e nos idiomas en particular, feito do que deixou constancia no entreno ao ter que dirixirse ás súas xogadoras en varias linguas dada a diversidade de nacionalidades que hai no equipo (Canada, Francia, Mali, España, Croacia...). Ao rematar as explicacións, todos os nenos participaron nunha breve sesión de entreno-competición simultanea nas oito canastas da pista.
Queremos agradecer desde aquí a todo o equipo do Celta baloncesto feminino a marabillosa xornada que nos fixeron pasar.
Hala Celta !!!
Na área privada tedes máis fotos do evento.