En que idioma te chamas?

A Área de Normalización da Universidade de Vigo pon en marcha unha campaña que ``pretende chamar á reflexión serena e informada sobre a nosa identidade onomástica. Se oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como *Aliaguero e *Ciruelos ? En que lingua teño correctamente os meus apelidos ? En que lingua debería telos ? Prentedemos con esta campaña que a xente se pare a pensar nisto e logo opte: ou en correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o estigma dunha asimilación non consumada.´´ Ademais dun simulador de nomes e apelidos, e informacións legais; é posible enviar sms gratuítos desde a web que incluén publicidade da campaña. Todo nesta páxina web: http://www.chamateconxeito.com/