Blog da escola
En que idioma te chamas?
A Área de Normalización da Universidade de Vigo pon en marcha unha
campaña que ``pretende chamar á reflexión serena e informada
sobre a nosa identidade onomástica. Se oficialmente todos os
topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus
apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así
como *Aliaguero e *Ciruelos ? En que lingua teño correctamente os
meus apelidos ? En que lingua debería telos ? Prentedemos con esta
campaña que a xente se pare a pensar nisto e logo opte: ou en
correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas
híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o
estigma dunha asimilación non consumada.´´
Ademais dun simulador de nomes e apelidos, e informacións legais;
é posible enviar sms gratuítos desde a web que incluén publicidade
da campaña.
Todo nesta páxina web:
http://www.chamateconxeito.com/